Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Desenterrando os nosos tesouros. Animación á lectura.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Desenterrando os nosos tesouros. Animación á lectura.. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de abril de 2018

VISIONADO DE BOOKTUBERS

Na xornada de hoxe, os alumn@s acudiron a biblioteca a ver os "Booktubers" que fixeron. Foi moi divertido e interesante escoitar e ver as recomendacións dos nosos nen@s. Algunhas delas eran libros en galego e relacionados co noso proxecto:"Desenterrando os nosos tesouros"




Aquí tedes os booktubers, por se os queredes ver:

https://drive.google.com/file/d/1FMjudLzrmPlPoVoly4OCTv-fTbUJV-_-/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1H7cR8tTJkTNYVeF8dFyRRnW5r1GQRqgh/view?usp=sharing

xoves, 22 de marzo de 2018

CLUB LECTURA ALUMN@S

Hoxe tivemos xuntanza do club de lectura de nen@s de 5º e 6º de Pirmaria. O libro escollido foi "Xenaro e a negra sombra" de Mar Guerra da Editorial Xerais. 


Foi unha lectura díficil e non gustou aos lectores. Pero descubrimos que estaba relacionado co proxecto de centro: "Desenterrando os nosos tesouros", xa que nel se fala dun ser mitolóxico das lendas galegas: O Lobishome. Despois da tertulia fixemos unha descrición e debuxo deste ser para elaborar un mural que colocamos no corredor da biblioteca.





Bo traballo rapaces!!!!!






mércores, 13 de decembro de 2017

PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA

 Recoméndase a web "http://galiciaencantada.com/#" 
"Pequena Mitoloxía de Galicia" é o libro que os adultos van ler para o vindeiro encontro do mes de xaneiro de 2018. Xúntanse os seus compoñentes ás sete e media da tarde na biblioteca do Torrecino.
O encontro é resultado da colaboración entre a biblioteca escolar e a biblioteca municipal en Cela que aportan recursos, coordinación e traballo no seu tempo de lecer.
Os adultos achéganse ao proxecto "Desenterrando os nosos tesouros" dialogando sobre o noso patrimonio inmaterial: mitos, lendas, costumes,...
A obra está publicada por Xerais e os autores son Xosé Miranda e outros.

Cos libros abertos afondando nos nosos tesouros.

mércores, 1 de novembro de 2017

CONTOS NO SAMAÍN

Menudo Samaín!!!
Este ano os nosos alumn@s escoitaron na biblioteca contos de medo narrados por Luis Davila e Mari Acuña. 


Para os máis cativos contaron. "A bruxa regañadentes", "Verlioka" e "Onde viven os monstros". Para os nenos/as de Primaria contáronlle lendas da Illa de Ons: "A galiña dos ovos de ouro", "A serpe e o neno", "O burato do inferno"...

Verlioka
A bruxa regañadentes


Onde viven os monstros

Lendas da contorna


E para rematar a xornada contamos con Rubén Bastón, que narrou "Garavanciño", "A casa da miña avoa" e "O xigante do pantano" aos de Infantil. Foi moi divertido xa que foi amenizado con música.



Moitísmas grazas por vir Luis, Mari e Rubén!!!!