Durante estas semanas os alumn@s de Infantil e 1º e 2º de Primaria coñeceron o conto: "A horta de Simón".
É unha lectura relacionada co noso proxecto: "O despertar das sementes" e, máis aún, cos nenos/as de Infantil. Xa que están investigando todo o relacionado coa horta.
A mestra de Pedagoxía Terapeútica leu o conto e despois os máis cativos debuxaron a Simón e os alumnos de 2º de Primaria formaron ao protagonista con formas xeométricas.
E non esquezades que: "A horta é de todos!!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario