Hoxe fixemos o último experimento na biblioteca. Para levalo a cabo necesitamos vinagre, bicarbonato e un globo.
O primeiro que fixemos foi poñer o vinagre na botella e no globo bicarbonato. Puxemos o globo na parte de arriba da botella e baleiramos o bicarbonato.
E o que ocorreu foi que... O globo inflouse!!!
Todo isto foi porque cando o bicarbonato se mestura co vinagre prodúcese Dióxido de carbono e o globo énchese de aire.
Desfrutamos moito sendo científicos por un día!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario