Na maleta viaxeira: "Por unha biblioteca inclusiva" atopamos un libro moi relacionado co noso proxecto: "Todos menos uno".
A mestra de Pedagoxía Terapeútica leu o conto aos alumn@s dende Infantil ata 5º de Primaria. Os nen@s de Infantil, 1º e 2º elaboraron o seu chícharo e fixeron un fermoso mural.
De 3º a 5º de Primaria fixeron un resumo do conto para traballar a expresión escrita.
Grazas maleta por este libro tan fermoso!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario