luns, 26 de novembro de 2018

25 DE NOVEMBRO

Para conmemorar o 25 de Novembro:" Día contra a violencia de xénero" traballamos algúns contos nas aulas. 


En Infantil leron, conversaron e dramatizaron: "Artur e Clementina".


O libro: "Nin un biquiño a forza" foi traballado en 5 anos, onde fixeron unha man cun "NON". Nas aulas de 1º e 2º de primaria fixeron un mural con fotos representando bicos. E os nen@s de 3º e 4º de Primaria fixeron unha redacción escrita coa ilustración do bico elixido.









E os maiores leron "Tienes un secreto?", que despois conversaron e o expresaron por escrito.


O venres 23 de Novembro, os alumn@s de 4º e 6º de Primaria acudiron ao Centro Social de Bueu ao acto polo 25 de Novembro. Os nen@s de 5º e 6º de Primaria participaron no concurso de carteis organizado polo CIM de Bueu, no que Xiana (alumna de 6º) gañou unha mención especial polo seu cartel.



Este luns celebrámolo no noso centro. Fixemos un gran mural: " Sementando o respecto" coas nosas mans e palabras para a entrada do colexio. 



E tamén os nen@s de Infantil fixeron cadros coa planta, a semente e as súas mans en morado.



Saímos todos os alumn@s ao patio a escoitar o manifesto realizado polos alumnos/as de 1º, 2º e 3º de Pirmiaria e cantar a canción composta polo mestre de música "Contra a violencia de xénero".


O manifesto o podedes escoitar no seguinte enlace de Radio Faladoiro.

Non esquezades a frase do cartel de Xiana: "Non estás soa"

Ningún comentario:

Publicar un comentario