Hoxe celebramos o Día de Rosalía. Foron varias e diferentes as actividades propostas polos Equipos de Dinamización da Lingua e Biblioteca, e grazas a colaboración da comunidade educativa fomos capaces de desfrutar delas.
Nada máis chegar a escola unha inundación de verbas de Rosalía saían do altavoz do corredor. Durante a mañá os nen@s ensinaban as súas creacións en familia co rostro de Rosalía, cheos de flores, sementes, poesía... Grazas familias!!!
Así mesmo, no recreo, os voluntari@s leron poemas en voz alta: "Has de cantar, Negra sombra, Maio florido..." E rematamos subindo a radio Faladoiro para recitar e cantar: "Adiós ríos, adiós fontes".
Ademais nos recreos desta semana os alumn@s voluntarios foron decorando o mural de Rosalía.
E tamén tivemos unha plantilla de libros de Rosalía para xogar cos escornabots.
Tamén atopamos esta animación sobre a vida e obra da nosa poetisa máis importante.
http://www.crtvg.es:8011/tvg/a-carta/as-minas-primeiras-letras-galegas-rosalia-de-castro
E non esquezades que o domingo temos máis actividades organizadas polo concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario