Amosando publicacións coa etiqueta Radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de xuño de 2026

E ti que pensas da igualdade?

 E ti, que pensas da igualdade? Baixo esta gran premisa reunímonos nunha xornada cargada de emoción, talento e, sobre todo, moito orgullo polo traballo do noso alumnado.

A Deputación de Pontevedra realizou a entrega de premios ás mellores propostas sobre igualdade presentadas polas escolas da provincia, e o noso centro volveu a casa con grandísimos recoñecementos!

Os nosos rapaces e rapazas amosaron unha sensibilidade e unha creatividade incribles á hora de abordar a igualdade de xénero a través de diferentes formatos:

 1º Premio (Categoría Individual - 2º Ciclo): gañado por Nuria, quen cativou ao xurado co deseño do seu cartel. Unha obra chea de mensaxe!


3º Premio (Categoría de Grupos - 3º Ciclo):alumnado de 5º e 6º de Primaria, que uniron as súas voces e reflexións para crear un fantástico e construtivo podcast. 


Máis aló dos diplomas e os galardóns, o día converteuse nunha auténtica xornada de celebración e convivencia.

Puidemos divertirnos e bailar ao son de Uxía Lambona e a Banda Molona, aproveitamos o momento para celebrar o aniversario dunha compañeira e, como broche de ouro, fixemos comunidade cunha deliciosa merenda colectiva.

Sigamos soñando coa igualdade día a día.

Premio no concurso de podcast "O vello dos contos"

 

Hoxe escribimos estas liñas co corazón cheo de ledicia e unha emoción difícil de agochar: fomos os gañadores do concurso  A vello dos contos!

Cando decidimos presentarnos a este concurso, tíñamolo moi claro: non iamos inventar nada novo, senón aproveitar o traballo que facemos cada día; ese esforzo diario, as horas de dedicación e o agarimo que lle poñemos a cada proxecto cun gran equipo detrás tanto de profes como de alumn@s. Pensamos que a mellor carta de presentación era, simplemente, amosarlle ao mundo o que facemos de luns a venres.

Presentamos un traballo por cada categoría e fomos finalistas nos dous proxectos presentados. O alumnado de terceiro e cuarto de primaria redeu homenaxe á tradición oral galega a través da figura de Xosé Mosquera Pérez, “O vello dos contos”, destacando o seu labor como narrador e gardián das historias populares. A través dun ton emotivo, pon en valor como os contos, transmitidos de boca en boca ao longo das xeracións, forman parte da mamoria colectiva e da identidade cultural, lembrando a importancia de seguir compartindo historias para manter viva a cultura.

O alumnado de 5º e 6º preparou un programa adicado ao Día do Libro achegando a lectura á cativada mediante diálogos e entrevistas. Pon o foco nos beneficios de ler, recolle opinións do alumnado e destaca o papel da biblioteca como un espazo de igualdade, aprendizaxe e imaxinación, animando aos oíntes a descubrir o pracer dos libros e a converter a lectura nun hábito cotián.

Nos ENLACES podedes ver o traballo realizado polo alumnado de terceiro a sexto de primaria





O día 8 acudimos a Santiago  de Compostela porque estabamos convocados como finalistas. E sudeceu algo máxico, como o que nos está deixando este curso; un ano cheo de maxia na nosa Torre Encantada dos Soños. Este premio é un recoñecemento a  un curso cheo de traballo e ilusión, e moito esforzo por parte do profesorado. Grazas compañeir@s por facer que os nosos soños se cumplan!





Noraboa ao noso alumnado por facer maxia coas súas palabras!

As Letras Galegas desde a Torre Encantada dos soños

Nas aulas tamén  celebramos a día das nosas Letras. No contexto lingüístico fixemos un plan  adicado a Begoña Caamaño e a exaltación da nosa lingua e as nosas tradicións. No recanto literario traballamos ao redor do maio, compuxemos fermosas coplas para celebrar a benvida  á primavera. No recanto creativo deseñamos camisetas con frases fermosas que nos identifican e tamén decoramos pedras con palabras da nosa lingua. Os  recantos informativos e Faladoiro, estiveron adicados a Begoña Caamaño e a nosa Galicia, e por suposto, pasamos por Radio Faladoiro para gravar as nosas propostas.










Aquí deixamos os programas de radio que fixeron os alumn@s de primeiro e segundo de primaria.
 
 


Porque un dos nosos soños é que a nosa lingua siga viva, forte e latexando no corazón de cada neno e nena. Desde  a nosa  Torre Encantada, seguiremos construíndo pontes de palabras, para que o galego nunca deixe de soar, de crear e de facernos soñar en grande. Feliz Día das Letras Galegas!

mércores, 4 de marzo de 2026

Un Entroido con moita maxia

Como se dunha chisteira saísen os coellos dun mago, así apareceu a cativada de Infantil para darlle a benvida ao Entroido. Entre ilusións, sorrisos e moita fantasía, o patio do colexio transformouse nun escenario máxico.

Harry Potter abriu as portas a un bosque encantado no que habitaban fadas, trasnos, elfos e gnomos seguidos de personaxes saídos das películas O Mago de Oz e Wicked, enchendo cada recuncho de cor, música e fantasía.

O colexio enteiriño converteuse nun lugar, onde a imaxinación era a mellor varita e cada neno e nena, un pequeno feiticeiro capaz de facer realidade o imposible.

Todo o alumnado pasou polo esceario para entoar as cancións do proxecto, creadas con moita maxia polo profe Jose, para rematar cunha degustación de doces típicos aportados polas familias, que nos acompañaron neste día tan especial









Podedes escoitar  o programa de radio de Entroido, que gravaron os alumn@s de primeiro e segundo nos obradoiros de linguas.

Durante toda a semana estivemos atentos aos mandadiños de Torriño.









Pechamos unha época chea de maxia, pero xa estamos argallando un plan, porque a Torre Encantada dos Soños non descansa.




luns, 2 de marzo de 2026

Rosalía na Torre dos encantada dos Soños

A homenaxe a Rosalía de Castro, converteuse nunha celebración chea de emoción, palabra viva e orgullo pola nosa autora máis universal. No aniversario do seu nacemento, o alumnado mergullouse na súa obra para crear novos poemas inspirados nos seus versos, xogando co ritmo, coa musicalidade e coa forza do amor por Galicia, que  Rosalía deixou como legado. Cada creación foi unha maneira  de traer ao presente a súa voz e de facer propia a súa sensibilidade compartindo os seus soños cos do alumnado.

O traballo poético completouse cunha visita a Radio Faladoiro, onde os nenos e nenas recitaron fragmentos da obra rosaliana a modo de feitizos.

Non deixedes de escoitar os programas de radio adicados a Rosalía, porque lembrar a Rosalía é querer a Galicia.







Celebrar a Rosalía é tamén celebrar a lingua, a cultura e a historia que nos une!

sábado, 20 de decembro de 2025

O Nadal máis máxico está en Torre Cela

O Nadal é un tempo especial no que as luces non só  iluminan as rúas  senón tamén  os corazóns. É a época na que os soños parecen máis próximos, porque cada desexo se envolve en  ilusión. No noso cole,  compartimos momentos que nos lembran que a maxia non está nos agasallos, senón na xente que nos rodea.

Pasamos por radio Faladoiro para facer programas máxicos, desfrutamos decorando o cole, cantando ao Nadal polas rúas de Cela, recibimos a visita de Papá Noel e celebramos unha fermosa festa de Fin de Ano.






Podedes escoitar aquí os programas de Nadal       


Tamén desfrutamos dunha serie de obradoiros por parte das familias do cole: cociña, contos, monicreques, costura, manualidades... tivemos de todo!





Cada neno e nena leva consigo un soño, pequeno ou grande, e o Nadal convídanos a crer que todo é posible. É tempo de amizade, de solidariedade e de imaxinar un futuro mellor. Porque cando soñamos xuntos, a maxia do Nadal faise realidade. 

Desexámosvos un Feliz Nadal e que se cumplan os vosos soños!


venres, 5 de decembro de 2025

Un 25 N moi máxico

 Este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o noso cole,  quixo sumar a súa voz e os seus soños a favor dun mundo máis xusto e libre de violencia.

Traballamos en parellas T + t, para crear cartaces cheos de mensaxes e lemas que melloran a convivencia e que expresan o noso desexo de construír un futuro no que todas as persoas poidan vivir en paz e respecto. No contexto lingüístico, pasamos polo Radio Faladoiro para gravar os nosos manifestos, nos que compartimos palabras de esperanza e compromiso. Cada voz sumouse á outra para dicir alto e claro que queremos que se cumpran os nosos soños dun mundo sen violencia. Podedes escoitalo aquí.

 


Estas actividades axúdannos a reflexionar, a aprender a convivir e a entender que a escola tamén é un espazo desde o que podemos transformar a realidade. Porque cada palabra, cada lema e cada voz conta na construción dun futuro mellor.







O 25 N, fixemos a marcha ata o adro da igrexa, acompañad@s polas familias, cos nosos cartaces cos que desexamos un mundo sen violencia.







En Infantil decoraron a árbore do respeto e traballaros con contos e manualidades para concienciar na boa convivencia.
 

Que se cumplan os nosos soños dun mundo sen violencia!