Os nenos e nenas de 5ºe 6º de primaria, fixeron un interesante traballo de investigación sobre o entroido da nosa contorna. E porqué? vos preguntaredes, porque xunto co resto do alumnado de primaria, participamos no concurso sobre costumes e tradicións proposto pola Asociación cultural "Costumes de Cela". Desta maneira os máis pequenos investigaron sobre romarías e os maiores sobre o entroido, temáticas moi vinculadas ao labor de investigación e transmisión da cultura popular do homenaxeado de este ano no día das letras galegas: Antonio Fraguas Fraguas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario