martes, 14 de maio de 2019

INVESTIGACIÓN DE 3º E 4º DE PRIMARIA

Os alumn@s de 3º e 4º de E. Primaria levaron a cabo unha investigación sobre as árbores que poblan os nosos bosques. Cada nen@ informouse, a través de distintos medios, dunha especie autóctona como: a sobreira, o carballo, o castiñeiro, o ameneiro, o bidueiro, o salgueiro, a aciñeira, o piñeiro, a abeleira, o loureiro, o freixo ou a nogueira; ou investigou sobre unha especie invasora como a acacia ou o eucalipto.
Ademáis de coñecer outros nomes para cada árbore tamén recolleron información sobre o tipo de folla, as súas flores, os froitos, os anos que poden vivir... Aprenderon os distintos usos de cada árbore: construcción, fabricación de mobles, combustible, ornamental...e mesmamente que da cortiza do salgueiro obtense a salicina coa que se fai un fármaco moi coñecido como é a aspirina.
Coñeceron exemplares importantes como o carballo de Santa Margarida na parroquia de Mourente que o ser vivo de maior idade da provincia de Pontevedra, cuns 500 anos de antiguedade.
Ademáis en cada unha das árbores e ao seu redor viven moitísimos seres vivos: paxaros, insectos, distintos mamíferos, fungos, liques...e outras aliméntanse das súas follas e froitos.Para observar toda esta vida os nen@s, acompañados dos seus pais, achegáronse ao Monte Chans da parroquia de Cela, onde viven, e incluso lle quitaron fotos a algúns exemplares.
Aprendemos un montón e disfrutamos de tanta beleza. VIVAN AS ÁRBORES!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario