O equipo de Voz Natura e da Biblioteca queremos celebrar o 22 de abril: "Día internacional da Terra".
Este curso somos Ecoheroes que queren levar a cabo accións encamiñadas a loita contra o cambio climático. E propoñémosvos a seguinte actividade relacionada co Día da Terra e o Día do Libro.
"Creade un marcador para os vosos libros con material de reciclaxe que teñades na casa". Aquí tedes un vídeo explicativo e algunhas imaxes.
E non esquezades facerlle unha foto aos vosos traballos e mandala a: torredaspalabras@gmail.com. Así ensinaremos a tod@s eses marcadores defensores da Terra.
Queremos rematar con algúns consellos que debedes levar a cabo para mellorar a situación do noso planeta terra.
+ Tedes que falar á xente sobre os beneficios das enerxías renovables,
e o malas que son as enerxías fósiles para o noso mundo.
+ Aconsellar a todos que por un día, desconecten a súa conexión a
Internet e que apenas gasten electricidade.
+ Outra idea é plantar unha árbore. E convidar os vosos amigos a facer
o mesmo.
+ Xoga cos nenos na rúa. Aproveita este día para ensinarlles por
exemplo a importancia de coidar do medio ambiente pero non desde casa,
ou desde un computador.
+ Dicir a esa persoa que arroxou lixo na rúa, que a levante e tírea no
contedor do lixo.
+ Reciclar, e alentar aos vosos amigos tamén a que o fagan. Que
saibades que é biodegradable e que non o é.
+ Non utilicedes bolsas de plástico, e se se teñen que usar, o mellor é
reciclalas. Podedes utilizar as que vos dan nos comercios como bolsas
de residuos. Pódense difundir estas ideas entre os vosos amigos. Miles
de animais vánvolo a agradecer.
Rematamos cos títulos dos proxectos de centro e Voz Natura:
"I´ve got the power" e "- plásticos + vida" e unha canción polo Planeta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario