Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria leron o libro: "A cazadora de estrelas" de María Canosa.
Nel se conta a historia de Megumi, unha amazona que coa súa egua, Turón, captura as estrelas máis difíciles e afastadas. Pero algo ocorre no observatorio que mudará para sempre as súas vidas.
Nel se conta a historia de Megumi, unha amazona que coa súa egua, Turón, captura as estrelas máis difíciles e afastadas. Pero algo ocorre no observatorio que mudará para sempre as súas vidas.
As mestras de 3º e 4º propuxeron aos nen@s que deseñaran, en debuxo ou en forma de maqueta, como se imaxinaban o observatorio por dentro.
A continuación podedes ver como os nen@s deixaron voar a súa imaxinación. E como sorpresa final, recibiron unha mensaxe da autora do libro: Maria Canosa.
Moi bo traballo rapaces e moitas grazas pola mensaxe María!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario