martes, 14 de abril de 2020

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

Aínda que estaremos na casa, queremos celebrar o Día do Libro. E para iso precisamos da vosa colaboración. Gustaríanos que tod@s os nen@s fixésedes un Booktuber, é dicir, un vídeo en galego no que recomendedes un libro aos outros alumn@s do colexio.
Tamén nos gustaría que os alumn@s de 5º e 6º de Primaria sexan os padriños e madriñas dos pequenos e graven un vídeo lendo un conto. Pode ser con marionetas, debuxos... como máis vos guste.
Os booktubers e os contos para os pequenos os podedes mandar a: torredaspalabras@gmail.com ata o martes 21 de abril.
Animádevos a participar!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario