Desde
o equipo de dinamización e de biblioteca, convidámosvos a desfrutar da celebración
desta festa da natureza. Deixamos un par de actividades sinxelas e
didácticas para tod@s, sen límite de idade. Aproveitade os paseos,
observade como está a despertar a natureza que está ao noso redor e animádevos a preparar un maio, unhas coplas e mandádeo a torredaspalabras@gmail.com ou aos vosos titores.
O MAIO
Aí ven o maio
de froes cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos:
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Así di o poema de Curros Enríquez e chegaron os Maios, chegaron as flores e con elas a alegría da primavera.
A tradición dos Maios permanece ao longo dos anos en diferentes vilas e cidades galegas. Nas súas orixes estaba ligada ao ciclo agrario, e segue mantendo o sentido de celebración da aparición da vexetación e da floración.
A estructura do maio está feita con varas de vimbio, recuberta con fiúncho,xestas, espadanas, etc e adórnase conflores, laranxas, bandeirolas de papel, casca de ovo,... o cerimonial incluía o roubo, máis ou menos encuberto, dos elementos necesarios para a construcción do maio.
- Recolle pampullos ou crea as túas flores, agulla de lá e fío e anímate a facer coroas, colares, pulseiras ... adornos para un mini maio en plano, ou con volumen...

Ningún comentario:
Publicar un comentario