Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor,
en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade
e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23
de abril de 2020.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura
galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da
cultura de Galicia, Manuel Gago,
quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena
peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do
libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario