Estamos
a piques de celebrar o Día das Letras Galegas, este ano adicado ao
escritor e educador Ricardo Carvalho Calero. Aínda que a celebración do
propio día trasladouse para o 31 de Outubro, nós querémosvos deixar actividades para coñecer ao homenaxeado. Curioseade un chisco e adentrádevos na vida e obra deste
ilustre defensor na nosa lingua.


Os equipos de dinamización e biblioteca propoñemos as seguintes actividades:
- Para Infantil, ler unha anécdota da súa infancia sobre o seu amor cara os animais e debuxar a Carvalho Calero como un superheroe mostrando os seus poderes cara os animais ou como un superheroe da lingua.
- Para Primaria, ler a introdución e breve resumo e despois que cada nen@ conte en que lugar se sinte libre e feliz, igual que Carvalho Calero era feliz en "Os Tumbos" e porque. E se tamén quere que nos mostre ou conte porque é un superheroe das Letras Galegas.
E para que coñezades máis a Carvalho Calero e pasedes un bo rato, deixámosvos uns ligazóns moi interesantes.
- un vídeo co traballo feito polo EDLG do colexio San Pío X de Ourense
- O telexornal de Carvalho Calero feito desde o CPI dos Dices
- Libros de Ricardo Carvalho Calero: http://redelectura.blogspot.com/2020/05/novidades-editoriais-sobre-ricardo.html
- Actividades relacionadas co homenaxeado para todas as idades: Primavera das letras e Seminario Galán
- Un xogo didáctico: https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo
- Un pasapalabra para coñecer máis a fondo ao autor, elaborado polo EDLG de San Pedro de Visma: Pasapalabra
- Unhas caretas de Ricardo Carvalho Calero
Ningún comentario:
Publicar un comentario