Os equipos de Biblioteca, Dinamización e Voz Natura queremos conmemorar o Día do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día dos océanos (8 de xuño). O primeiro que propoñemos é facer os seguintes eco-retos sen esquecer marcar no calendario os días cos retos superados.
Ademais queremos deixarvos, para reflexionar sobre o que estamos facendo co noso planeta, o corto de Lemon e o conto infantil Aquatika. Despois do ver o conto podedes expresar como podedes axudar a coidar os nosos océanos e a contorna que nos rodea. Deixámosvos unha ficha na que o podedes reflexar debuxando, escribindo ou como máis vos guste. Os vosos traballos mandalos a torredaspalabras@gmail.com. E non esquezades: "I´ve got the power"
E vos deixamos unhas láminas para pintar e completar e despois decorar onde vós queirades!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario