domingo, 17 de xaneiro de 2021

En inverno... ExperimentArte

Coa chegada do inverno e das nevadas, os cativos de Infantil fixeron obradoiros titulados "Folerpas con arte". Quixeron levar a neve ás aulas e o fixeron con actividades manipulativas e creativas. Para crear a neve empregaron auga e bicarbonato ou espuma de afeitar e tamén cueiros e auga. Con ela elaboraron bonecos de neve e xogaron cos animais nela. Os maiores tamén elaboraron folerpas de neve en papel.

Benvido inverno!!!!

       
 
 
   

   

   


Ningún comentario:

Publicar un comentario