luns, 18 de xaneiro de 2021

Contexto Humanístico. A democracia

As nenas e nenos de 3º e 4º de primaria, traballaron a Democracia e a Constitución no Plan III do Contexto Humanístico. Puxeron os cinco sentidos e aprenderon sobre os Dereitos dos nen@s facendo unha orixinal flor dos mesmos. Ademais no recanto II, coñeceron o que é a Democracia a partir de entrevistas realizadas aos profes, escoitando e respectando as diferentes opinións e construíndo un imaxinario propio. No último recanto, traballaron a Constitución realizando un FlipBook sobre a lei esencial que temos no noso país, aprendendo algúns dos artigos e outras cuestións importantes de xeito lúdico e manipulativo. Foi un traballo cooperativo cheo de ARTE.


   

    

Ningún comentario:

Publicar un comentario