Pola beira do río

sábado, 30 de xaneiro de 2021

Museo da Paz

Hoxe, 29 de xaneiro, celebramos o día da Paz , e como non podía ser doutro xeito quixemos relacionar o traballo realizado  co noso PDI, SuperARTE. A biblioteca converteuse no museo da Paz onde todo o alumnado expuso as súas obras. Estivemos investigando sobre monumentos e artistas que son coñecidos por implicarse  contra accións que consideran inxustas. Tamén construímos o MURO DA PAZ, inspirado no de Clara Halter, onde os alumnos/as puideron plasmar a palabra Paz en moitos idiomas. 

Desfrutade da visita ao noso MUSEO DA PAZ!

O grupo encargado do programa de radio foron os nenos e nenas de cuarto de primaria que pasaron por Radio Faladoiro. Non perdades detalle deste marabilloso programa!

En infantil, centráronse na pintura coa figura de Picasso e a súa famosa pomba da Paz. O alumnado de terceiro de primaria tamén traballou a obra deste artisa, no seu caso"O Guernica". Quixeron facer unha representación do cadro transformando o sufrimento do ser humano e dos animais, e utilizaron as cores para transformar a guerra en felicidade e alegría.

           
   

En primeiro e segundo traballaron  ao artista urbano Bansky,  coñecido por non amosarse e dar visibilidade a accións que considera inxustas con actuacións moi chamativas coma colarse nun museo e colgar unha das súas obras. Representaron un dos seus cadros máis coñecidos colocando  corazóns con palabras que recordan á Paz e imaxes representativas das mesmas.


O alumnado de cuarto de primaria encargouse da arte da  escultura. A partir da "Pistola Anudada de Roterward", botaron a voar a imaxinación creando esculturas representaivas da Paz.

    

Non podía faltar a música, e con ela a figura de Jhon Lenoon coa súa canción Imagine. Esta arte tocoulle traballala ao alumnado de quinto de primaria. Aquí podedes ver o fermoso vídeo que prepararon.

E   o noso alumnado de sexto, a partir da canción "Bella Ciao", fixeron unha investigación da mesma, que se popularizou por ser un canto dos partisanos e  considerarse antifascista. O traballo quedou envolto co título "Arte agochada na  serie La casa de papel".
Tamén  representaron e investigaron sobre o Monumento á Memoria en Combarro, no concello de Poio, deseñado por Adolfo Pérez Esquivel, escultor e activista dos dereitos humanos que foi nomeado como Premio Nobel da Paz en 1.980. O Monumento quere ser unha homenaxe a persoas que sufriron exilio e emigración. Nel aparecen os nomes e os rostros de Rosalía de Castro, Alexandro Bóveda e Castelao.

        



Do museo, tamén formaron parte unha selección de lecturas relacionadas coa Paz, que luciron nunha das estanterías e, durante toda a xornada decoramos o muro da Paz que estivo colocado no centro da nosa biblioteca.



    


Visita o noso Museo da Paz  para pacificARTE!



















Ningún comentario:

Publicar un comentario