Pola beira do río

venres, 22 de xaneiro de 2021

O noso PDI: SuperARTE

No mes de marzo de 2.020, un virus parou a nosa actividade presencial cambiando a traxectoria do fin do curso pasado, no que o noso PDI "I' GOT THE POWER", quedou sen rematar. Por iso, cando comezou este curso pensamos en darlle continuidade co título SuperARTE.

SuperARTE, é un xogo de palabras marcado polo afán de superación da comunidade educativa na difícil situación que a covid 19 ven marcando desde que apareceu. Ao aspecto de SUPERARNOS, sumamos o traballo de investigación desde as distintas artes: literatura, arquitectura, escultura, pintura, música, teatro e cine.

Como obxectivos queremos desenvolver as competencias claves sen deixar de lado o traballo cooperativo e fomentar o " APRENDER FACENDO" en todas as áreas. Todo isto levado a cabo desde a nosa biblioteca escolar con todas e cada unha das posibilidades que nos ofrece, que segue a ser o motor da nosa escola.

O noso modelo pedagóxico vén marcado por unha ensinanza por contextos de aprendizaxe: lingüístico, matemático, humanístico e científico. En moitos dos plans de traballo está presente o tema da nosa PDI, SuperARTE.

CONTEXTO LINGÜÍSTICO

Anunciando películas

 

Entrevistando a Luís Davila e Marc Taeger dentro do plan “Bueu: Terra de artistas”

     

   


CONTEXTO MATEMÁTICO
   

CONTEXTO CIENTÍFICO

     

CONTEXTO HUMANÍSTICO

   


As celebracións anuais seguen na liña de traballo do proxecto: Día da arquitectura; Mes da ciencia. ExperimentARTE; Un Nadal para contARTE!; Paz e ARTE!, Ven a EntroidARTE!...

E seguimos ...  podedes visitar no noso blog todas as actividades feitas e que nos quedan por facer.  

  Seguídenos! SuperARTE!






Ningún comentario:

Publicar un comentario