luns, 18 de xaneiro de 2021

Traballando matemáticas con moita Arte

No segundo plan do contexto matemático en 5º e 6º traballamos a xeometría plana. Coñecemos as figuras planas e as súas propiedades e como moitos artistas empregan a xeometría nas súas obras. 
En varios recantos analizamos a xeometría de cadros e describímolos empregando linguaxe matemática.
No recanto TIC, aprendemos a crear figuras xeométricas coa ferramenta GeoGebra e reproducimos unha obra de arte. 


No recanto manipulativo experimentamos e xogamos cos xeoplanos e co Tangram. 

          

No recanto de vida cotiá, resolvemos problemas xeométricos e descubrimos todas as figuras agochadas nos mosaicos. 

No recanto creativo, creamos mosaicos a partir das teselas de Escher.  


Ningún comentario:

Publicar un comentario