sábado, 13 de febreiro de 2021

Desde Radio Faladoiro celebramos o Día mundial da Radio

 

 


O 13 de febreiro celébrase o día Mundial da Radio.  Nese día emisoras de todo o mundo, elaboran una programación especial para conmemoralo. A  A.C.P. Ponte... nas ondas! pioneira da radio no ámbito escolar propúxonos a elaboración dun PODCAST de como  é a nosa radio, e foi o alumnado de segundo de primaria o encargado de facer este programa. Podedes escoitalo aquí.

Tamén participamos na proposta de radio Espora, nesta ocasión os alumnos/as de sexto de primaria foron os protagonistas e fixeron un marabilloso programa coa colaboración das familias. 

Aquí podedes escoitar  o programa completo, e no seguinte só o corte do noso alumnado.


Durante esta semana tamén tivemos  a formación de radio a cargo de Soledad Felloza  para o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria onde seguimos aprendendo.

   
  

Vos deixamos un dos últimos programas realizados polo noso alumnado de cuarto

Especial día da Paz

E un anaquiño  do programa de Entroido dos nosos principiantes de primeiro de primaria que van mellorando cada día.

E  que viva  radio!

Ningún comentario:

Publicar un comentario