mércores, 23 de xuño de 2021

Fin de curso con ARTE!

Despedimos este curso tan atípico cunha visita moi especial : TARABELOS. Na biblioteca gozamos dunha mañá chea de Arte  baixo o título "Debulendo lendas" con debuxos e lendas,   historias que si ocorreron pero non se sabe que parte é real e cal non. Coñecimos piratas coma Benito Soto e Gago de Mendoza, revivimos a loita de María Pita cos piratas ingleses, nos achegamos as lendas das Xacias e outras lendas celtas. Unha actividade especial, para  por  broche final a un ano para superARTE!

  

  

  

O martes 22 desfrutamos dunha festa organizada pola ANPA, seguindo os protocolos que levamos a cabo durante todo o curso, con xogos organizados nos diferentes espazos  dinamizados polo profesorado.

  

  


Por este curso xa nos despedimos, coa satisfacción de ter sacado adiante o noso PDI  SuperARTE, nun ano moi complicado para tod@s. Grazas a tod@s os que o fixestes posible.

E un especial agradecemento ao noso alumnado por soportar o día a día con  máscaras, ventás abertas con frío, por adaptarse a situación e entender que xa non puidemos convivir con outros grupos, pola  disciplina na hixiene e polo  cumprimento das normas Covid . Sodes SUPER!

Agora a desfrutar dun merecido descanso desexando que o vindeiro curso volva a tan ansiada normalidade.

TIC-TAC....O PDI  do curso 21-22...xa está no forno...

Feliz verán!

Ningún comentario:

Publicar un comentario