Pola beira do río

domingo, 21 de novembro de 2021

Saída a estacion fitopatolóxica de Areeiro

 Novembro é o mes da ciencia e, ademais, en Voz Natura temos o reto de investigar a flora e fauna. Por todos estes motivos os alumn@s de Infantil e 1º e 2º de Primaria saíron, esta semana, de excursión á estación fitopatolóxica de Areeiro. Alí descubriron que traballan os "médicos das plantas", inagurando esta visita Manuel González da Deputación de Pontevedra. 

Os cativos aprenderon sobre os tipos de camelias e aguacates, visitaron a plantación de kiwis máis antiga de Galicia, as novas plantacións de té, recolleron sementes de magnolia e landras para plantar e recolectaron feixoas e guaiabas para degustar.





Para rematar a saída, os maiores, visitaron os xardíns do Pazo de Lourizán, para merendar e xogar baixo as árbores senlleiras, beber auga de manantial e visitar o fermoso invernadoiro. 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario