Pola beira do río

mércores, 9 de marzo de 2022

Día Internacional da Muller Traballadora

Esta semana celebramos o Día da Muller Traballadora e na biblioteca tivemos libros relacionados con esta temática.


Para conmemorar este día o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria recibiron a visita de nais que foron alumnas do centro. Contaron aos nen@s como era o colexio cando elas viñan e falaron sobre os seus traballos. Tamén fixeron actividades cos cativos relacionadas co seus traballos: musicais, plásticas, cociña, elaborar planos e engadirlle elementos, creación de coches e estradas, como dar unha masaxe relaxante, experimentos... Foi unha semana na que aprendimos moitísimo.

Moitas grazas por vir mamás!!!



















O alumnado de 3° a 6° tiveron a sorte de poder charlar con Irene López Gutiérrez, científica especializada en neurociencia, natural de Bueu e que traballa na Universidade Complutense de Madrid investigando sobre o Alzheimer.

A través dun xogo de preguntas, investigaron a 6 científicas importantes da Historia, e houbo moitas cousas que lles chamou a atención, que cambiaron nos últimos anos: mulleres que se tiñan que vestir de homes para poder estudar, outras ás que non se recoñecía o seu talento ou se tardaba en recoñecer a súa titulación polo feito de ser muller… Por sorte, as cousas están a cambiar!




Aprenderon con Hipatia, Rosalind Franklin ou Jane Goodall. Quedaron coa idea de que loitando polos soños, pódese conseguir o que se queira. E que tan importante como cultivar o cerebro, é conectalo co corazón. Sobre todo, para pensar máis alá dun mesmo ou das súas necesidades, e ser capaces de facer ciencia sendo xenerosos e xenerosas e tratando de deixar un mundo meillor ás seguintes xeracións.

Como resumo de todas as actividades, fixemos un vídeo no que os alumn@s bailan a canción de Tanxugueiras: "Que non mo neguen".

Ningún comentario:

Publicar un comentario