mércores, 18 de maio de 2022

II Romaría das Letras Galegas

Velaí vai un ano máis a nosa "Romaría escolar das letras galegas". Estivo cheíña de ledicia, xogos, música, complicidade... Pequenos e grandes desfrutando dunha xornada extraordinaria chea de agarimo e moita calor!!

Queda unha pequena mostra de momentos compartidos a través de  xogos populares, da música con Retrouso, dos paseos de ida e volta pola nosa contorna ata chegar á praia e ao cole.

E como non podía ser de outra maneira... continuamos a celebrar o noso 50 aniversario, e durante a  mostra de construccións de area, se fixeron verdadeiras obras de arte para festexar os nosos parabéns!!!! 



















E rematamos cun agasallo deste fabuloso día! Quixemos continuar coa colección de xogos populares que se inciou na primeira romaría, e desta vez se agasallou con io ios e buxainas de madeira para que perduren no tempo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario