Pola beira do río

venres, 21 de outubro de 2022

Día das escritoras

Nesta semana celebramos o día das escritoras, iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas y Empresarias FEDEPE  e coa Asociación Clásicas y Modernas.

Con esta celebración quérese visibilizar a palabra de mulleres que nos seus textos reflicten sentimentos e loita.

No Torre Cela, relacionamos a celebración do día das escritoras co noso PDI, Arriba o telón, e traballamos sobre a escritora Paula Carballeira, que escribiu teatro. Tamén  teatralizamos contos. Un dos que máis gustou aos cativos foi  de Paco,  da nosa escritora homenaxeada. 

                                                        Arriba o telón!

  
  



                                             




                    

 

     "Houbo unha vez unha guerra.
       Despois da guerra, quedamos sen casa.
       -Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
       Fomos vivir ao coche.
       Desde entón, vivir era viaxar." 
 
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012)

                                                                

     
  




Ningún comentario:

Publicar un comentario