luns, 17 de outubro de 2022

Teatro e máis teatro!

 E seguimos a traballar o noso PDI "Se abre o telón" no contexto lingüístico. Esta vez tocoulle o turno aos máis maiores. Fixemos teatro de sombras e utilizamos o kamishibai, tamén adaptamos unha obra de teatro e fixemos representacións. Na parte de búsqueda de información investigamos sobre este xénero e o cine e fixemos unha presentación coa información recollida.No recanto Faladoiro, aproveitamos para facer anuncios e promocionar as nosas películas favoritas.

             

                        

                           
               

            

 

             

Seguirémosvos contando como evoluciona o proxecto. Arriba o telón!


Ningún comentario:

Publicar un comentario