Esta semana estamos a celebrar o Día das Escritoras. Para relacionalo co noso proxecto de centro "Son de Cela" seleccionamos autoras/escritoras de música galega.
Investigamos sobre Guadi Galego, Tanxugueiras e Olga Brañas. Escoitamos e cantamos as súas cancións, analizamos as súas letras, aprendemos sobre os instrumentos que usan, buscamos datos de interese sobre elas, elaboramos marcapáxinas musicais...
Tamén traballamos escritos musicados de Fina Casalderrey e, como non, acordámonos de Rosalía de Castro.
E como no noso cole temos un timbre musical, aproveitamos tamén para buscar os datos da canción que está a soar no mes de outubro, elixida polo grupo de 3º. A canción é de Fillas de Cassandra, "Varre vasoira". Cada mes tócalle a unha clase!
Ningún comentario:
Publicar un comentario