mércores, 25 de outubro de 2023

Día das Bibliotecas escolares

 Polo Día das Bibliotecas Escolares montamos un pequeno festival de música en familia. 

Estamos tecendo redes desde a Biblioteca por iso nesta ocasión especial e, aproveitando que o tema do noso proxecto é moi musical, convidamos ás familias a vir ao cole para compartir momentos arredor de instrumentos e cancións. 

Tivemos de todo! Música tradicional galega, pop actual, música brasileira, soul e algún bolero. 






Canto desfrutamos do "Son de Cela"!! Grazas familias por estar sempre aí!!

E Torriño, coma sempre, tan atento! Non deixa escapar a ocasión de agasallarnos con máis lecturas!!







FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario