mércores, 1 de novembro de 2023

Ao son do Samaín!!

Celebramos Samaín cun montón de actividades estes días!! Coma sempre os corredores están repletos de cabazas terroríficamente decoradas. Este curso todas moi musicais!!
Tivemos de todo... túnel do terror, maquillaxe, truco o trato, e visita ás mazmorras da Pantasma da ópera!!
E na Biblioteca tamén houbo moito movemento!!! Contamos con grandes artistas na nosa comunidade educativa así que tivemos a sorte de desfrutar dun obradoiro de origami terrorífico con Marc Taeger e Olalla...
E cun contacontos de medo con Mari Acuña e Luis Davila, O Bichero, ilustrando as historias...
Grazas a todas as familias que colaborastes nos obradoiros, contacontos, maquillaxe e sobre todo á directiva da ANPA por tanto traballo... Grazas por facernos desfrutar e seguimos tecendo comunidade!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario