mércores, 12 de xuño de 2024

Club de lectura

Xa remata o curso e despedímonos tamén do club de lectura. Neste caso o alumnado de 2º ciclo desfrutou das historias recopiladas en "Fantasmada" da Editorial Anaya. Ledicia Costas e o noso querido Hematocrítico, entre outros, fixéronnos desfrutar moito deste momento lector compartido. Elaboraron un mural, intercambiaron impresións e pasaron un rato estupendo na biblio. Grazas por participar no club e ata o curso que ven!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario