mércores, 19 de xuño de 2024

Visita Protectora de animais do Morrazo

Rematando o curso rematan tamén os proxectos de aula. O alumnado de 5º traballou sobre os animais de compañía durante e como actividade final visitounos a Protectora de animais do Morrazo para dar unha charla a todo o alumnado de primaria sobre a importancia de coidar aos nosos amigos peludos. Despois da charla o alumando de 5º visitou as instalacións da protectora e tiveron oportunidade de pasear uns cantos canciños que querían moitos mimos!! Grazas por esta fantástica experiencia!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario