xoves, 27 de marzo de 2025

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

 O pasado martes o alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria desprazáronse ata Pontevedra para visitar o Salón do libro, que este ano, como non podía ser doutra forma, está dedicado ao CINE!


Nada máis chegar ao Pazo da Cultura recibiron unha gran sorpresa: Orbil estaba a esperarlles para darlles a benvida a todos e todas e para chocarlles a man!



Nenos e nenas desfilaron pola alfombra vermella para adentrarse nas diferentes exposicións. 

Puideron seguir aprendendo sobre a historia do cine descubrindo que estamos no aniversario dos 130 anos de nacemento do cine, cando os irmáns Lumière realizaron a primeira proxección para un público abraiado que non daba crédito ao que vían os seus ollos: a vida reflectida nunha pantalla.




Tamén puideron adentrarse na biblioteca do Salón, que este ano ten como país convidado a Francia, como non podía ser doutra maneira sendo a terra dos Lumiere e de Alice Guy...e tamén de Astérix dos que podemos ler na nosa lingua as súas aventuras (e moitas outras obras) grazas ao labor de Xavier Senín e Isabel Soto. 

Continuaron a visita aprendendo técnicas de animación como o Stopmotion; coñecendo recursos como o croma e profesións como o cámara, técnica de sons e atrezzo...

Para rematar, visitaron a exposición de traballos dos centros de Pontevedra e ata puideron asistir a un rodaxe dunha película de piratas!

Para aproveitar a visita e o marabilloso día de primavera que lles acompañou, foron merendar á Illa das Esculturas...que ben o pasaron!

Unha visita do máis completa para continuar aprendendo sobre o cine, neste cole de película!

                            


Ningún comentario:

Publicar un comentario