Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Un cole de película. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Un cole de película. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de novembro de 2024

Un Samaín de película

Chegou un dos días máis esperados por toda a comunidade educativa; oSamaín. Baixo as directrices do equipo de dinamización da lingua, pasamos unha mañá de medo. Entramos polo tunel do terror para chegar ao  obradoiro de manualidades  de Marc Taeger, petamos a porta para desfrutar do truco trato, maquillámos de medo, adentrámonos na película Piratas do Caribe e nos emocionamos con Coco, como guiño ao noso proxecto. 

Por suposto, desfrutamos das lendas máis terroríficas na biblioteca Luís Davila. Aquí un recordo fotográfico do día máis terrorífico de 2024  no Ceip Torre Cela.


A LENDA DE BABAYAGA

PIRATAS DEL CARIBE
    

 

 

APÓCEMAS MÁXICAS
OBRADOIRO MARC TAEGER



                                                                              


COCO


Ambientamos o cole e os corrredores con cabazas que fixeron unha homenaxe ao mundo do cine. Atopamos personaxes, películas palomitas e todo o imprescindible .....




No contexto lingüístico pasamos por Radio Faladoiro para gravar programas, aquí un deles indagando sobre lendas.

Aproveitamos tamén para buscar información sobre a orixe do Samaín.

Aproveitamos para agradecer o traballo das Anpas e aos pais e nais colaborador@s Por suposto, ao equipo de dinamización da linguae a todo o profesorado polo esforzo, xunt@s facemos equipo!

Este curso será de película!

Contexto lingüístico de película

Seguimos a traballar por contextos de aprendizaxe, e como non podía ser doutro xeito, o PDI sempre está moi presente, e este curso, será de película! 

No primeiro trimestre, fixemos varias propostas: deseñamos entradas de cine, fixemos textos para promocionar películas, cambiamos o final en argumentos e  traballamos na procura de información sobre as nosas películas favoritas.


Tampouco faltou o traballo previo para participar no concurso de oratoria, e fomos quentando motores elaborando os nosos discursos que orientamos cara ao cine. Despois pasamos por radio Faladoiro para gravar e aquí tedes o resultado dalgúns deles. Seguídenos en Ivoox!

 

ESTE CURSO SERÁ DE PELÍCULA!

Día das escritoras

 No día das escritoras fixemos un traballo  sobre Chelo Loureiro, unha directora de cine galego, gañadora de catro premios Goya, especializada en cine de animación. Fundou Albano Producións en 2007. Un dos Goyas que recibiu foi ao mellor  largometraxe por  Valentina, no ano 2021, produción coa que traballamos nas aulas. Valentina é unha nena con Síndrome de Down que soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo. A súa avoa, que xoga con ela, tamén ten un desexo: chegar a converterse en directora de orquestra. 

Se queres saber máis non dubides en velo, non te arrepentirás.



 Este curso será de película!


Unha actriz de película: visita de Mayka Braña

Para conmemorar o día das bibliotecas escolares, ademais doutras actividades, visitounos Mayka Braña, conocida actriz marinense de series como Libro de famila , Pazo de familia ou Saudade de ti. Contounos que o éxito non chegou por casualidade, que hai que loitar polos soños e que todo esforzo ten recompensa. Aínda que ela non o tivo fácil, está inmensamente agradecida por cada unha das oportunidades que se lle ofrecen. 

Fixemos cartaces de benvida e informativos, logo de tela na biblioteca Luís Davila.




  


Se queredes saber máis, pinchade no enlace e escoitade a entrevista realizada por nenos e nenas de terceiro de primaria.


Grazas Mayka polos momentos compartidos, moitos éxitos na túa carreira.

Este curso será de película!