martes, 17 de febreiro de 2026

Día da nena e a muller na ciencia

 Celebramos o Día da nena e a muller na ciencia coa visita de 3 científicas do CINBIO (centro de investigación en nanomateriais e biomedicina), unha delas mamá do cole. 

Os máis pequenos de infantil e primaria aprendimos moito desfrutando da maxia da ciencia. 

Explicáronnos moitas curiosidades e experimentamos coas sustancias para facer pasta de dentes para elefante, comprobamos reaccións químicas e observamos nanopartículas como as que teñen as pantallas das nosas casas.

Unha xornada moi interesante. Non é maxia… é ciencia!









Video resumo no INSTAGRAM do cole.

Ningún comentario:

Publicar un comentario