Hoxe en Radio Faladoiro, a radio do noso cole, celebramos con moita ilusión o Día Mundial da Radio. Este medio tan especial acompáñanos, ensínanos e conéctanos, e nós quixemos renderlle homenaxe facendo o que mellor sabemos facer: comunicar, crear e compartir.
Ao longo destes días estivemos a preparar programas inspirados na iniciativa de Ponte nas Ondas!, que nos anima a dar voz ás nosas ideas, ás nosas historias e á nosa cultura.
En Radio Faladoiro seguimos apostando por unha radio feita con corazón, con creatividade e con moitas ganas de aprender. Porque a radio é emoción, é compañía, é imaxinación… e tamén é unha festa que celebramos xuntos.
Aquí vos deixamos os programas realizados para conmemorar este día máxico.
Que viva a radio, que vivan as ondas e que siga a maxia de comunicar coas voces que as fan posibles!
Ningún comentario:
Publicar un comentario