domingo, 7 de xuño de 2026

Musical "A Torre encantada dos soños"

Como broche final ao proxecto deste curso organizamos un espectáculo musical para todas as familias no Centro Social de Bueu. 

O alumnado participou cunha obra de teatro baseada na película "El gran showman", onde se entremezclaron diferentes artes e talentos.  Unha mañá chea de música, danza e interpretación na que todo o alumnado e profesorado participou.

Unha xornada máxica para ir rematando este curso na Torre Encantada dos soños. Noraboa a todos e todas!! Podedes ver o vídeo completo na ligazón: A Torre Encantada dos Soños

A continuación deixamos un resumo elaborado polo alumnado de quinto de primaria: 

A TORRE DOS SOÑOS

O venres pasado, no centro social, o alumnado do CEIP da Torre Cela participamos nunha obra de teatro chea de maxia. A obra titulábase “A TORRE DOS SOÑOS” que era unha versión da película THE GREATEST SHOWMAN. Nesta adaptación a protagonista Fina Barnum tiña outra forma de ver o mundo, xa que formou un circo con xente estraña xa que cada espectáculo era unha celebración da diversidade.

Na obra, que interpretábamos os alumnos e alumnas de quinto e sexto, había pequenas actuacións nas que o alumnado de distintas aulas bailaban e cantaban ao son das cancións orixinais.

Este espectáculo celebrouse para homenaxear a nosa lingua: o galego, xa que a adaptación era toda na lingua de Galicia. A obra serviunos para aprender porque tivemos a oportunidade de aprender palabras novas. Tamén coincidiunos co día da familia e foi unha excelente ocasión para xuntarnos todos a gozar da nosa obra, e non só desfrutamos nós se non que tamén desfrutaron eles cantando o ritmo das actuacións.

Para nós resultou un traballo duro pero que ao final tiña unha recompensa: aprender, pasalo ben e facer felices as persoas que nos estaban mirando.

As nosas familia dixeron que foi unha das mellores obra xa que se divertiron tanto coma nós.


Deixamos algunhas imaxes do photocall: 
















Ningún comentario:

Publicar un comentario