Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. #bescolaresgalAbertas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. #bescolaresgalAbertas. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de xuño de 2025

Club de lectura 3º e 4º E.P.

No último encontro do noso club de lectura, os nen@s e nenas de terceiro e cuarto, reunímonos ao redor dun título cheo de humor e chispa da serie Os minimortos "Falso aniversario", de Ledicia Costas. Nesta nova aventura, os Minimortos organizan unha festa sorpresa para Maya, pero os fogos de artificio de Dinamito acaban provocando un caos luminoso no Outro Barrio. A situación complícase cando a Policía Esqueleta o leva preso, e os seus amigos terán que buscar a maneira de axudalo.

Unha historia divertida e disparatada que nos fixo rir, reflexionar e despedir o curso cun sorriso. Porque, como sempre, os Minimortos demostran que a amizade é máis forte ca morte.





Grazas lectores por acompañar as nosas iniciativas. Agardamos que teñades un verán cheo de lecturas bonitas!

domingo, 18 de setembro de 2022

Formación de usuarios

Comezamos coa formación de usuarios do alumnado de 4º a 6º de educación primaria. Qué ganas tiñamos de volver a xuntarmos e compartir  tempo de lecer na biblioteca. A partir de agora cos profes encargados teremos alumn@s colaboradores, e como podedes ver temos moitos voluntari@s.

Visitaron as diferentes seccións da biblioteca e recibiron formación da coordinadora.




domingo, 19 de decembro de 2021

venres, 11 de xuño de 2021

Recomendacións lectoras para o verán

E xa co curso chegando ao seu fin, propoñemos moitas lecturas para a época estival porque...

Nun ano de SuperARTE a lectura que non falte!