Amosando publicacións coa etiqueta dia das artes galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia das artes galegas. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de maio de 2020

CONCURSOS FEIRACO. LETRAS GALEGAS 2020

Feiraco, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza dous concursos con motivo das Letras Galegas 2020. 
Animádevos a participar!!!
- Certame de Relatos Breves Feiraco, concurso convocado por esta empresa e a SXPL co fin de fomentar a creatividade literaria en galego. Debedes enviar, ata o 31 de maio, microrrelatos que comecen coa frase: “Á sombra daquel carballo centenario…”. O podesde consurtar na seguinte ligazón: Certame Relatos Breves


- Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, outro concurso organizado pola entidade láctea e a SXPL, que premia obras plásticas do alumnado de 3 a 12 anos  nas que se reflictan o valor a lingua e a literatura galegas . O prazo de presentación remata o 31 de maio. O podedes consultar na seguinte ligazón: Certame Infantil de Artes Plásticas


mércores, 1 de abril de 2020

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2020

O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas que, neste 2020, homenaxea ao arquitecto Domingo de Andrade (1639-1712). Aínda que a maior parte da súa obra podemos vela en Compostela, fora de alí tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense.
É o gran maestro da arquitectura barroca en Galicia. Sobresae o seu traballo na cidade de Santiago e na súa catedral. A súa gran obra sería a Torre do Reloxo da basílica entre as prazas de As Praterías e A Quintana.
O cartel conmemorativo foi realizado polo académico Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade obra de Felipe Criado e conservado na Facultade de Xeografía e Historia Compostelá. 





Outra das obras máis recoñecidas atopámola tamén no Convento de Santo Domingo de Bonaval

"TRIPLE ESCALERA HELICOIDAL"

 
Propoñemos desde este equipo de dinamización construír unha torre, cos materiais que teñades a man, sen esquecer pór o reloxo! 
Velaí vai uns exemplos:




E que tal se investigamos os chanzos que teñen estas torres?