A nosa biblioteca é o motor das apendizaxes dos nosos alumn@s. No seguinte enlace Torriño o explica: Vídeo Biblioteca
Amosando publicacións coa etiqueta videos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta videos b>. Amosar todas as publicacións
luns, 18 de febreiro de 2019
martes, 18 de decembro de 2018
INVESTIGACIÓN DOS MURAIS DO MES DA CIENCIA
Os alumn@s, durante estas semanas antes do Nadal, están visitando a exposición dos experimentos que fixemos no mes de novembro. Despois de ver os traballos dos seus compañeiros teñen que cubrir unha ficha, na que porán que experimento lles gustou máis.
Se queredes ver os experimentos que gravamos nas aulas, no seguinte enlace os tedes: vídeos dos experimentos
xoves, 29 de setembro de 2016
Planeta Terra. As imaxes videográficas nos facilitan información.
Dende os cumes do Himalaia nos desprazamos cara ao universo, distanciándonos do planeta Terra: órbitas dos satélites artificiais, Sistema Solar, a nosa galaxia Vía Láctea,...
Agradecemos a American Museum of Natural History a divulgación do vídeo The known Universe que nos permitiu esta excepcional viaxe de pouco máis de seis minutos.
A visión suscitou debate ao estimular os nosas lembranzas de pasados cursos.

Outras ferramentas que imos utilizar para profundizar no noso traballo:
Do sistema solar ao noso planeta.
Recursos recollidos polo CEIP Frián- Teis de Vigo. Graciñas polo voso esforzo.
WEBQUEST: A TERRA E O UNIVERSO

![]() |
| Detivemos a proxección para solucionar as dúbidas. |
Outras ferramentas que imos utilizar para profundizar no noso traballo:
Do sistema solar ao noso planeta.
Recursos recollidos polo CEIP Frián- Teis de Vigo. Graciñas polo voso esforzo.
WEBQUEST: A TERRA E O UNIVERSO
| Sophie, a lectora de inglés, e o mestre Luís axudáronnos cos títulos. |
luns, 28 de marzo de 2016
Día da Poesía
O último día antes das vacacións celebramos o día da poesía e adicámolo, como non podía ser doutro modo, a Manuel María. Ten tantísimos poemas relacionados co noso proxecto "Pola beira do río", que resulta unha tarefa difícil escoller só algúns deles.
Pola biblioteca foro pasando todos os grupos para recitar aos compañeiros os poemas que aprenderon. Nos descansos estivo soando o disco de "Uxía canta a Manuel María", así que durante toda a mañá non cesou a poesía, cantada ou recitada.
Velaquí tedes aos nosos poetas.
Ademáis temos no corredor un mural cheo de poemas de Manuel María, ilustrados e cheos de creatividade.
Espérovos cos libros abertos!!

Infantil 3 e 4 anos from Miriam on Vimeo.
Infantil 5 anos from Miriam on Vimeo.
Ademáis temos no corredor un mural cheo de poemas de Manuel María, ilustrados e cheos de creatividade.
Espérovos cos libros abertos!!
xoves, 5 de novembro de 2015
Cadernos de investigación
Ola!
Esta semana estiven moi ocupado. Todos os nenos e nenas pasaron pola Biblioteca para recibir un chisco de información sobre os ríos.
Os cativos de infantil, primeiro e segundo desfrutaron das aventuras de Narigota, nun fragmento do capítulo titulado "Cuando el río suena..."
Os máis maiores do cole viron un video informativo de Eduteca que tamén vos deixo para que botedes outra ollada

E, ademáis, todos recibiron un agasallo que agardo sexa moi útil: un caderno de investigación para anotar, debuxar e rexistrar toda a información interesante que atopen sobre o noso proxecto.
Espérovos cos libros abertos!!
luns, 2 de novembro de 2015
Río de medo
O xoves celebramos o Samaín no cole. Tivemos un día moi completo! Todos os cativos e cativas participaron dun terrorífico percorrido polo centro.
Na entrada do cole o noso auxiliar de conversa converteuse nun terrible mago que elaborou unha poción que todos puidemos probar.
Potions from Piruleta Rodríguez on Vimeo.
No multiusos un grupo de nais organizaban un obradoiro de pan. Cada neno e nena particpou no amasado e elaboración de figuras tenebrosas: gorros e escobas de bruxa, cabazas, arañas... Despois levaron as figuras ao forno da parroquia, que colaborou gustosamente connosco.
Nunha das titorías a profe de inglés, vestida de bruxa, recibía aos alumnos máis atrevidos que tiñan que poñer unha máscara, petar na porta e dicir as palabras... "Trick or treat!" Que sustos levaban ao entrar......
"A casa da miña avoa" con Luis Davila from Piruleta Rodríguez on Vimeo.
Na entrada do cole o noso auxiliar de conversa converteuse nun terrible mago que elaborou unha poción que todos puidemos probar.
Potions from Piruleta Rodríguez on Vimeo.
No multiusos un grupo de nais organizaban un obradoiro de pan. Cada neno e nena particpou no amasado e elaboración de figuras tenebrosas: gorros e escobas de bruxa, cabazas, arañas... Despois levaron as figuras ao forno da parroquia, que colaborou gustosamente connosco.
Na aula de PT outro grupo de nais montou o seu obradoiro de maquillaxe de medo. Todos os nenos e nenas pasaron por chapa e pintura e saíron moito peor do que entraron!!
E a guinda do pastel esperaba na biblioteca. Unha nai e un pai que todos coñecedes, Luis Davila, viñeron contar dúas historias de medo: "A casa da miña avoa" para os máis pequenos e "A figueira de Pelostortos" para os maiores (ambos da Ed. OQO)
Quedamos encantados coa narración de Mari e abraiados cos debuxos de Luis. Déixovos o video dunha das sesións para que o disfrutedes.
"A casa da miña avoa" con Luis Davila from Piruleta Rodríguez on Vimeo.
Grazas a todos, maiores e pequenos, por participar. Pasámolo de medo!!!
Espérovos cos libros abertos!!
domingo, 11 de maio de 2014
OS NOSOS VÍDEOS
En cinco anos e no segundo curso traballamos os vídeos e realizamos as curtas: Non quero ser un polbo e Señor Ramón e señora Ramona; desenvolvemos o labor a partir das citadas obras.
Canto traballiño pero que chulo o resultado!
| Co material que utilizamos, despois de ver o vídeo, contamos o traballo realizado. |
xoves, 30 de maio de 2013
A noite das mudanzas!
Teño o gusto de presentarvos a curtametraxe realizada polos alumnos de primeiro ciclo: A Noite das Mudanzas!!
Despois de semanas de traballo aquí está o resultado. Esperamos que vos guste!
A NOITE DAS MUDANZAS from
sábado, 30 de marzo de 2013
Restaurante poético
O 23 de marzo celebramos o día da poesía. Celébrase nesta data porque coincide co equinoccio de primaveira. Incluso en moitos lugares de Europa este día chámase "A primaveita dos poetas"
Na nosa Biblitoteca celebramos esta data cuns poucos gramos de poesía.
Os nenos de primeiro, segundo e terceiro de primaria foron os encargados de preparar un menú poético para cada curso.
Á primeira hora da mañá os nenos de primeiro recitaron catro poemas divertidísimos, en forma de adiviña. Eles a aprenderon de memoria e a recitaron para os nenos de terceiro e cuarto. Todos estaban moi atentos e os nosos poetas fixérono de maravilla!!
Unha vez rematado o recital os nenos de terceiro fixeron un caligrama poético e os de cuarto compoñían diferentes poemas coas palabras que atoparon agochadas nun sobre. Coma sempre, uns artistas!!
Rematada a sesión deixamos lugar para os nenos de segundo, que recitaron outro menú poético para os nenos de terceiro ciclo. Despois, todos a escribir poemas!!!
Depois chegaron os máis pequenos para escoitar aos nenos de terceiro. O seu menú poético encantoulles aos nenos e nenas de Infantil.
E os pequenos tamén se animaron a recitar!!!
E, para recordar esta festa, todos levamos para casa un pequeno agasallo poético.
O libro que recitaron os nosos poetas é este. Recomendado!!
Mirade o ben que recitaron!!
3 ANOS
4 ANOS
SEGUNDO
TERCEIRO
Espérovos cos libros abertos!!!
mércores, 30 de xaneiro de 2013
Un millón de amigos!!
Hoxe todos os meus amigos do cole de Cela celebraron o día da Paz.
Durante esta semana estiveron preparando agasallos e desexos de paz para compartir no día de hoxe. Os colocaron nunha pomba debuxada no chan e despois recitaron un poema todos xuntos, mirade mirade:
Despois cantaron a famosa canción de Roberto Carlos:
Logo de recitar e cantar cada cativo recolleu da pomba un agasallo de paz! Eran todos tan chulos que eu non sabería cal escoller!!
E para rematar... un chocolate ben quentiño!!!
Ademáis temos no corredor da entrada "A árbore dos desexos". Cada mazá contén un desexo de paz para o mundo. A que quedou ben?
Bo traballo!!!
Por último quero lembrarvos que na nosa Biblioteca podedes atopar moitos libros relacionados coa PAZ. Aquí tedes unha selección:
Bicos e apertas de paz!!!

mércores, 9 de xaneiro de 2013
mércores, 19 de decembro de 2012
Día das Bibliotecas Escolares
O día das Bibliotecas Escolares os nenos e nenas de Infantil fixeron esta fantástica reportaxe. A pregunta era... "Que é unha Biblioteca para ti?". Estade atentos!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)