O xoves 2 de abril celebramos o Día do Libro Infantil e vos recomendamos que entrárades na páxina do Salón do Libro Virtual porque o Ilustrador Kiko da Silva faría un pequeno taller. Tivo problemas técnicos e ao final o puxo o venres. Aquí vos deixamos a proposta de Kiko. E animádevos a participar!!!
"APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ, o neno máis porco do mundo
LECCIÓN 1
LECCIÓN 1
Kiko da Silva, autor de APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ e director de O
GARAXE HERMÉTICO, a Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración
de Galiza (www.ogaraxehermetico.com), este ano é o ilustrador homenaxeado do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Kiko e Fiz deciron montar este pequeno curso online por que pensaron
que, agora que tedes moito tempo ao estar confinados nas vosas casas,
tal vez sexa un gran momento para poñervos a aprender a debuxar
historietas e quen sabe, provocar así que xurdan novas xeracións de
autores/as de BD.
Nesta primeira lección, Kiko Da Silva e Fiz, o neno máis porco do mundo, ensinaranvos as orixes da bd que nos levará ata as pinturas rupestres das cavernas prehistóricas e ensinaranos a perderlle o medo a debuxar. Crearemos personaxes simples, fáciles de debuxar e de recordar para podelos mover nas nosas viñetas e veremos como ese mesmo sistema tamén serve para facer personaxes con acabados máis realistas e profesionais.
MATERIAIS NECESARIOS
FOLIOS A4
LÁPIZ E GOMA DE BORRAR
ROTULADOR NEGRO
ROTULADOR DE COR CLARO OU ACUARELAS
PAPEL VEXETAL
Enviade os vosos resultados do curso por email: ogaraxehermetico@gmail.com
Entre os que enviedes debuxos sortearemos 2 exemplares asinados e adicados por Kiko da Silva de APRENDE BANDA DESEÑADA con FIZ !!!"

Ningún comentario:
Publicar un comentario