A semana pasada celebramos o Día de concienciación sobre o autismo e temos un conto moi significativo. Fala da autocrítica cidadá, autoconcepto, autoestima, respecto, valoración e aceptación.
Despois da escoita do conto, estaría ben
que reflexionárades cos rapaces sobre estes aspectos, de que cada un de
nós temos un superpoder, que somos importantes, que todos somos
diferentes e aportamos algo aos demais.
O ideal é que despois do conto debuxen o
seu propio can salchicha coas características que os definen a eles
como persoas, cos seus gustos e preferencias, pois,
se a un lle gustan moito os puzzles pode decoralo facendo pezas de
puzzle de diferentes cores, se lle gusta o fútbol con traxe curto medias
e un balón, con gafas, con gorros, etc. Deixade voar a vosa
imaxinación!!
Deixovos un modelo por se queredes que os rapaces o decoren, pero insisto, o mellor sempre son as súas produccións propias.
Deixovos un modelo por se queredes que os rapaces o decoren, pero insisto, o mellor sempre son as súas produccións propias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario