Pola beira do río

sábado, 20 de marzo de 2021

Día da poesía


O 21 de marzo é o  día da poesía. Coa celebración desta data pretendemos dar a coñecer este xénero tan marabilloso e  fomentar a expresión oral a partir da diversidade creativa para utilizar as palabras. 

Comezamos traducindo  un libro de poemas en castelán ao xeito de Xela Arias para así ir coñecendo a súa figura e unha das súas actividades máis usuales como era a tradución de libros do castelán ao galego. Co resultado da nosa actividade fixemos ARTE, colgando os nosos poemas en vertical.


   

Torriño fixo unha selección de libros deste xénero que ten gardados na biblioteca, e pasamos por ela para facer recitado de poemas.


   
   
   

E pasamos por Radio Faladoiro para recitar. Aquí podedes escoitar unha das nosas interpretacións " Imos cazar un oso", un conto escrito en poesía.  


PoesizARTE!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario