martes, 8 de xuño de 2021

Visita virtual con Ana Alonso co alumnado de 1º e 2º

Hoxe tivemos un encontro virtual con Ana Alonso, unha das nosas escritoras favoritas desde que aprendemos a ler e ata que saímos do colexio. Neste curso  limos "Mat y la fama" en primeiro, e "Robo en el circo" e "La guerra de los dragones" en segundo de primaria.

Ana Alonso falounos de como se xestaron as historias, as ilustradoras que a acompañaron en cada unha das publicacións; Antonia Santolaya e Violeta Monreal,  e outras connotacións da súa vida de escritora.

Tamén accedeu a contestar as preguntas dos inquedos lectores que estamos a formar; cal foi o seu primeiro libro, cantos libros leva escritos, como se lle ocorreron as historias...

Coma sempre moi agradecidos a Editorial Anaya e a ela por achergarnos ao máxico mundo da literatura. 





SuperARTE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario