Pola beira do río

venres, 22 de outubro de 2021

Día das bibliotecas escolares

Un ano máis celebramos  o día das bibliotecas escolares. O alumnado de quinto de primaria, realizou unha selección de fondos para facer exposición e desfrutar neste día de lecturas  animadas.

                                   

 Voltou a ilusión de volver  autilizar as mochilas viaxeiras, que cada grupo formou cos  seus gustos e intereses.    

                                      

Os nen@s escribiron  as súas reflexións sobre a biblioteca, e que libros e materiais lles  gustaría engadir neste curso académico á mesma. 

 

Torriño, agardaba impaciente aos cativos para agasallalos con  marcapáxinas personalizables e un chaveiro de 50 aniversario do cole,  que fixeron na impresora 3D.

Non faltaron sesións de contacontos, animación á lectura e desfrute da biblioteca con todas as posibilidades que nos ofrece.







A  biblioteca escolar ten a palabra!




















Ningún comentario:

Publicar un comentario