xoves, 26 de maio de 2022
Obradoiros en inglés
Hematocrítico
A semana pasada, os alumn@s de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria desfrutaron da visita do Hematocrítico. Faloulles sobre o seu traballo, as personaxes dos seus libros e fixéronlle preguntas. Como remate final, firmoulles exemplares que trouxeron os nen@s ao cole.
Moitas grazas por vir!!!!
luns, 28 de marzo de 2022
Día da Poesía
Para conmemorar o Día da Poesía, o martes 15 de marzo, fixemos unha xuntanza de todo o alumnado no patio para manifestarnos en contra da guerra de Ucraína.
Despois nas aulas comezamos a coñecer ao homenaxeado deste ano das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriagán. Como foi un gran poeta, nós convertémonos en poetas defensores da Paz e elaboramos cartaces con poemas relacionados co autor e coa paz, recitamos e limos poemas e os máis cativos fixeron Chatter Pix co poema que inventaron.
domingo, 16 de xaneiro de 2022
Premio innovagal na modalidade de centro
Queremos compartir con vós a noticia da obtención deste premio, onde a biblioteca ten un gran protagonismo, ao converterse en eixe vertebrador das aprendizaxes, ao redor dun tema común, con temática diferente ano tras ano, onde se aproveitan todas as posibilidades que esta nos ofrece, sumándonos aos programas de Radio na Biblio e Biblioteca creativa.
O noso modelo pedagóxico está basado en metodoloxías activas onde o alumnado é o protagonista da súas aprendizaxes. A eles lles damos voz no Consello Escolar infantil, e todo é posible grazas a implicación do profesorado tanto nas liñas de formación de PFPP, como na transformación da metodoloxía de centro, ao dar vida aos proxectos dos contextos de aprendizaxe: matemático, científico, lingüístico e humanístico.
A mellora nos patios, a creación do programa T+t para a mellora da convivencia, a implicación e colaboración das familias, persoeiros da contorna, autores, ilustradores e artistas, tamén forman parte das aprendizaxes.
Desde que a biblioteca se converte no eixe vetebrador da vida no centro, algo comeza a cambiar na nosa escola. E desde aquí queremos agradecer aos asesores de biblioteca, aos compañeir@s que comparten as súas experiencias nas formacións e a todos os que nos axudastes neste camiño.
Por suposto, GRAZAS a toda a comunidade educativa, sen dúbida o mellor agasallo para o aniversario do cole, 50 anos de vida!!
mércores, 10 de novembro de 2021
Saída ao Mupega
O pasado martes, 9 de novembro, o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, realizaron unha saída a nosa capital galega, Santiago de Compostela!
En primeiro lugar, visitaron o MUPEGA (museo pedagóxico de Galicia), no que fixeron de investigadores e tomaron boa nota da exposición nos seus caderniños de investigación e de como eran as aulas antigamente nas escolas. Esto servirá como punto de referencia e partida do noso proxecto de centro deste ano (“Os planos da memoria”), con motivo do 50 aniversario do colexio.
Aquí descubriron: como se estudaba antes, como se xogaba, como eran os mestres e que utensilios utilizaban eles e os nenos/as… a verdade é que aprenderon un montón e tomaron moitas boas notas!
Despois diso e aproveitando o bo día que estaba, realizaron unha actividade de “detectives” polo casco antigo da cidade.
Tiñan que descubrir e anotar unha serie de monumentos e prestar moita atención para que non escapase ningún: Á árbore da ciencia, a plaza das praterías, a porta Santa da Catedral, a Rúa do Franco, as Marías…
Como bos detectives que foron, atoparon todos eles e desfrutaron un montón!
Para rematar a viaxe, comeron as súas ricas comidas nun parque próximo á cidade universitaria e xogaron un ratiño ao aire libre antes de voltar.
Encantoulles este día e teñen moitas ganas de voltar a facer outra excursión.
venres, 29 de outubro de 2021
Un Samaín de aniversario




























