O venres 3 de decembro celebramos o Día da Diversidade Funcional e descubrimos que hai moitos tipos de diversidade funcional e tamén que hai moitas persoas importantes con discapacidade que fixeron grandes cousas, como Michael Jordan, Greta Thunberg ou Pablo Pineda.
Fixemos diferentes actividades nas aulas: xogamos a tapar os ollos e intentar moverse pola aula, vendo curtas da temática, facendo recomendacións lectoras e lendo o conto: "Por catro esquinitas de nada".
Ningún comentario:
Publicar un comentario