mércores, 8 de decembro de 2021

Obradoiros MUNCYT

 O alumnado de 3° a 6° de Primaria participou en dous obradoiros online por videoconferencia co MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) de A Coruña, sobre Electricidade e Electrónica, traballado no Contexto Científico deste curso.


O persoal do museo ensinounos algúns experimentos alucinantes, e puidemos observar a electricidade estática, unha peonza flotando no aire grazas á forza de repulsión dos imáns, ou o poder dos electroimáns. Tamén vimos como funciona un avión, por que as caixas negras son, en realidade, vermellas, e  como é a cabina de pilotaxe. 





Quedáronmos as ganas de visitalo por dentro, oxalá poidamos mover os nosos átomos e visitalo moi pronto!


Ningún comentario:

Publicar un comentario