O venres 11 de febreiro celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia investigando científicas que apareceron flotando na biblioteca... como se de constelacións se tratase!!!
Coñecemos investigadoras e divulgadoras de moitos campos: informática, matemáticas, tecnoloxía...
Descubrimos á matemática Clara Grima e limos un dos seus contos sobre como cifrar unha mensaxe secreta co código César e aprendemos o sistema binario. Os maiores no contexto lingüístico fixeron unha investigación sobre a matemática e despois fixeron unha redacción.
Os máis pequenos investigaron á astronauta Valentina Tereshkova e a Ada Lovelace, creando o seu propio ordenador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario